OleirosTV...

A Agrupación Frentista de Oleiros ven de difundir unha durísima nota de prensa na que acusa ó alcalde de Oleiros de prácticas caciquís, ó vincular a súa persoa con algún tipo de amaño para que os oleirenses que non poidan pagar as tasas polas actividades organizadas polo Concello poidan acceder ás mesmas. Na nota exixe, ademáis da rectificación do alcalde, unha normativa de taxas que teña en conta a renda dos pagadores e unha política de acceso ás axudas sociais máis transparente. Segundo a nota de prensa difundida, ante a proposta do BNG de votar unha serie de tramos «progresivos» de modo que cadaquén pague as taxas segundo a súa capacidade, o grupo maioritario de Alternativa dos Veciños impediu a votación. No medio da trifulca, parece que de García Seoane saíron estas palabras: «en Oleiros iso non é preciso, non hai ninguén que quede sen acceso ás actividades por problemas económicos. Eu xa informo á xente que, se alguén non pode apuntar aos seus fillos a algunha actividade [nomeadamente, fixo referencia ás escolas municipais de música e danza], que veñan falar comigo, que xa busco eu unha solución» O BNG de Oleiros propón na súa nota «uns servizos sociais públicos baséanse, precisamente, na óptica dos dereitos, fronte á caridade e o favor: as axudas son froito dunha regulación clara e dunha intención redistributiva, á que se dedican fondos públicos, e ás que se accede en base a uns criterios coñecidos e xustos; porén, as prácticas do estilo “vén falar comigo que xa cho amaño” non poden cualificarse doutro xeito que de caciquís ou corruptas ou, como mínimo, de caritativas e asistencialistas». Tamén menciona a nota que non se busca menoscabar o valioso traballo dos Servizos Sociais de Oleiros, senón todo o contrario. A idea, cando menos, parece boa… logo debería ser, cando menos, debatida. Xa que cobraron por asistir ó Pleno, polo menos que expoñan as suas opinións para que as coñezamos todos os oleirenses. Nin que decir ten que a do noso alcalde vai máis alá dunha simple metedura de pata.

Participa en la conversación