OleirosTV...

Co obxectivo de fomentar o coñecemento da música e o seu aprecio; ofertando unha formación ampla e diversa para todos os oleirenses, sen limitacións. A Escola de Música segue a amosar esa especial sensibilidade para atopar en cadaquén ese espírito musical que levamos dentro; dende os mási cativos ata os maiores; favorecendo a súa formación indivual tanto como a súa inserción «musical» no conxunto. Todo isto aderezado coa organización dun feixe de actuacións anuais nas que os rapaces (e non tan rapaces) participan e que serven para sentirse parte de algo ben feito; porque esta feito con ganas de que saia ben. A Escola de Música estrutura as súas ensinanzas da seguinte maneira:
  • Música e Movemento: na que os rapaces ata 7 anos descobren a música e todo o que encerra; dende a diversión do baile e o ritmo até as bases matemáticas da comprensión do universo
  • Nivel I: a partir dos 8 anos, e ó longo de tres cursos no que se traballa tanto a iniciación a un instrumento como a linguaxe musical e os diversos estilos
  • Nivel II: a partir dos 11 anos, no que xa se trata de dar a parte da inclusión no conxunto musical
  • Nivel III: a partir de 14 anos; de perfeccionamento
As especialidades instrumentais son moitas. E as agrupación que a respresentan tamén: unha Banda de Música, unha Orquetra de Cámara, un Coro de Voces Brancas, unha Big Band e unha Orquestra Orff. Agora toca renovar ós rapaces. Moitos de 4 ou 5 anos chegarán. Outros cambiarán de nivel. Algún marchará. Informan que do 31 de marzo ó 11 de abril quedan abertas as renovacións para os alumnos de INSTRUMENTO; e a partir do 29 de abril os de Música e Movemento e os rapaces deste nivel que pasen a INSTRUMENTO por 1ª vez. Posteriormente, no mes de maio, abrirase o prazo para os novos alumnos que desexen ingresar.

Participa en la conversación